• Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Instagram
  • Español Español Castelan es
  • Galego Galego Galego gl
Centro BTT Santiago
  • Centro de Visitantes e BTT
    • Centro A Susana
    • Que é BTT?
    • Turismo Slow
    • Servizos
    • Como chegar?
  • Val de Santa Lucía
    • O val e o río de Santa Lucía
    • Camiño de Santiago
    • Xenerais da Ulla
    • Patrimonio
      • Castros no Val de Santa Lucía
      • Lendas
      • Muíños no Val de Santa Lucía
      • Danza e música tradicional
  • Rutas
    • Ruta Fácil : Santa Lucía – Castro de Vixoi
    • Ruta de Media Dificultade : Santa Lucía – Castro de Vixoi (prolongación ata Bando)
    • Ruta de Media Dificultade : Camiño de Santiago – Brañas de sar
    • Ruta de Media Dificultade : Río Pereiro – Capela do Santiaguiño
    • Ruta Difícil: Subida ós Montes Viso e Godos
    • Ruta Moi Difícil: Camiño de Santiago, Xiro da Cidade de Santiago
    • Boas Prácticas
  • Eventos
  • Videos
    • Ruta A Susana / Cidade da Cultura / Viso / Alto do Rubio
    • Ruta Fervenza do Pereiro / Muiños de San Pedro / Capela Santiaguiño
    • Os Muiños
    • Carnavais da Ulla
  • Contactos
    • Contacta con nos
    • Onde comer?
    • Onde durmir?
    • Emerxencias
  • Galería
  • Servizo de Préstamo
  • Menu Menu

Como chegar?

A pé ou en bicicleta polo Camiño do Sueste-Vía da Prata

Desde Santiago de Compostela, se se desexa facer o traxecto ata o centro BTT de Santiago da Susana, unha suxestión moi recomendable e vistosa é realizar a ruta coñecida localmente como Vía da Prata, correspondente ao camiño de Santiago desde Outeiro. Cómpre dirixirse en dirección Sar e, pasando a Colexiata do Sar, enfilar unha rúa empinada, deixando ás nosas costas a magnífica vista das torres da catedral, ata chegar a Angrois. Tras o paso elevado das vías do AVE crúzase por debaixo a autoestrada AP9 para encamiñarnos cara a Piñeiro, nun trazado que probablemente corresponde ao camiño real de Piñeiro e que continúa cara á ermida de Santa Lucía. A continuación atravésase a vía do tren por un túnel e séguense as pistas ata a nacional e tras cruzala estaremos a uns 350 metros do centro de turismo-BTT, situado na rúa da Centieira. Esta ruta está dispoñible no apartado de rutas desta web.

En coche particular

Se decides ir en coche saíndo desde a rotonda da Garulesa, próxima á estación do tren, a ruta máis práctica e sinxela é coller a avenida de Antonio  Fraguas (SC-20) en dirección a Conxo , desviarse á avenida de Santiago de Cuba (SC-11) e continuar por ela ata pasar baixo a autoestrada do Atlántico, tras a cal se atopa unha rotonda que dá acceso á N-525 quedando á  nosa esquerda o Hotel Santa Lucía. Chegamos a outra rotonda e saímos pola segunda saída en dirección á N-525; á dereita deixamos unha estación de servizo Repsol. Conducimos ata a Susana uns 7 km, e ao entrar na zona de velocidade reducida a 50 km/h tomamos o desvío á esquerda cara ao Forte/Boqueixón, pola rúa de Sergude, AC-960. En apenas 200 m tomamos o desvío á dereita (transformador de luz) e torcemos á dereita por unha pista asfaltada, rúa da Centieira, para chegar ao Centro BTT e de visitantes A Susana. Todo o traxecto debería levar uns 10 minutos en coche.

En autobús urbano

Desde logo recomendámosche que te achegues ao centro Santiago BTT A Susana a pé, seguindo o Camiño de Santiago en sentido inverso, ou ben en autobús urbano. Lembras ou sabes que se sente ao subir a un autobús urbano? É posible que non, así que che suxerimos que probes esta opción, esquécete do coche (e da tensión, os cabreos, as présas…) e sube a un autobús; entón empezarás a sentir esa tranquilidade (slow) e desconexión que se irá acentuando ao percorrer as rutas que te esperan.

Empresa Tralusa: (+34) 981581815

Liña principal da rede de servizo público do concello de Santiago

 

Liña P3: Rúa Valle Inclán / Santa Lucía / A Pajuela

 

De luns a venres

7:40 8:20(**) 8:45 10:00 11:15 12:15 13:10 13:30 14:20 15:00 16:00 17:00(*) 18:00(*) 19:00(*) 20:00(*) 21:00(*) 22:00

Sábados

7:35 8:45 10:00 11:15 12:15 13:15 14:15 15:05 16:30 18:30 20:30 22:45

Domingos e festivos

De 8:00 a 20:00 (cada 60 min.).
22:15(*)

 

Observacións horario

* Sae da praza de Galicia
** Pasa por Lamas de Abade
Servizos de ida con acceso a Lamas de Abade: de luns a venres (días lectivos), 8:20 desde pza. Galicia a Lamas de Abade e 8:20 desde a rúa Valle Inclán á Susana

 

Última parada na Susana, a escasos metros do Centro BTT.

http://www.tussa.org/web/linas.php?id=21&lg=gal

Trazado liña P3

Empresa Mombús: (+34) 981555760
Liñas con principais paradas en Lestedo, Ramil (Lestedo) A Picota (Lestedo), A Gándara (Sergude)

http://www.monbus.es

Empresa Lázara: (+34)  981560084
Liñas con principais paradas  en Ponte Ledesma, Camporrapado (Oural), Corna (Pousada), O Forte (Boqueixón), O Feal (Sergude), Rodiño (Sergude) e Sergude.

http://www.autocareslazara.es

Empresa Mosquera: (+34)  981587124
Liñas con principais paradas en Codeso, Boqueixón, Gastrar, Lamas, Vigo, Loureda

http://www.autocaresmosquera.com

Teléfonos – Taxis Santiago de Compostela

Asociación Compostelana de Autotaxis (+34) 981 58 24 50

Maxitaxi Galicia (+34) 981106126

Eurotaxi Santiago (+34) 672635589

Teléfonos – Taxis Boqueixón

Lestedo: (+34) 670307811
Ledesma: (+34) 686483899

TAMÉN CHE PODE INTERESAR…

  • Como chegar?
  • Centro A Susana
  • Que é BTT?
  • Turismo Slow
  • Servizos
  • O val e o río de Santa Lucía
  • Ruta Fácil : Santa Lucía – Castro de Vixoi
  • Eventos
  • Contacta con nos
© Concello de Santiago. Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo

Agradecementos

Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a sua experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web.
Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre a nosa Política de Cookies e Privacidade.Aceptar
Política de Privacidade e Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR