• Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Instagram
  • Español Español Castelan es
  • Galego Galego Galego gl
Centro BTT Santiago
  • Centro de Visitantes e BTT
    • Centro A Susana
    • Que é BTT?
    • Turismo Slow
    • Servizos
    • Como chegar?
  • Val de Santa Lucía
    • O val e o río de Santa Lucía
    • Camiño de Santiago
    • Xenerais da Ulla
    • Patrimonio
      • Castros no Val de Santa Lucía
      • Lendas
      • Muíños no Val de Santa Lucía
      • Danza e música tradicional
  • Rutas
    • Ruta Fácil : Santa Lucía – Castro de Vixoi
    • Ruta de Media Dificultade : Santa Lucía – Castro de Vixoi (prolongación ata Bando)
    • Ruta de Media Dificultade : Camiño de Santiago – Brañas de sar
    • Ruta de Media Dificultade : Río Pereiro – Capela do Santiaguiño
    • Ruta Difícil: Subida ós Montes Viso e Godos
    • Ruta Moi Difícil: Camiño de Santiago, Xiro da Cidade de Santiago
    • Boas Prácticas
  • Eventos
  • Videos
    • Ruta A Susana / Cidade da Cultura / Viso / Alto do Rubio
    • Ruta Fervenza do Pereiro / Muiños de San Pedro / Capela Santiaguiño
    • Os Muiños
    • Carnavais da Ulla
  • Contactos
    • Contacta con nos
    • Onde comer?
    • Onde durmir?
    • Emerxencias
  • Galería
  • Servizo de Préstamo
  • Menu Menu

Camiño de Santiago

Da Susana a Santiago polo Camiño do Sueste-Vía da Prata

Ruta Santiago

O Camiño do Sueste-Vía da Prata conecta a cidade xacobea con Extremadura e Andalucía. Un bo treito do seu actual trazado coincide coa Vía da Prata, vella ruta prehistórica convertida en calzada romana que unía o sur e o norte peninsular, de Mérida a Astorga. Desde Astorga, o Camiño do Sueste enlaza co Camiño Sanabrés, que conduce a Ourense e de aí a Santiago de Compostela.

Xa de camiño a Santiago, a ruta máis utilizada para cruzar o Ulla era a da Ponte Ulla. Esta quedou destruída un inverno, e tamén varias pontellas e tramos do camiño quedaron moi deteriorados.  Por este motivo era obrigado o desvío por Ponte Ledesma en Vila de Cruces. No Val de Santa Lucía aínda lembran este vello camiño que atravesaba polo concello de Boqueixón e entraba en Aríns pola Porta do Val, onde había unha pequena igrexa hoxe desaparecida.

No lugar de Fornás, en Aríns, quedan restos dun mesón onde comerciantes do Ribeiro facían a última parada antes de chegar a Santiago.

A última etapa do Camiño Sanabrés vai de Outeiro (Vedra) a Santiago. Desde Outeiro á Susana hai case 8 km por pistas de terra entre abundantes bosques de eucaliptos e pinos. Esta etapa pasa xusto á beira do Centro BTT Santiago da Susana que ocupa unha antiga escola unitaria rehabilitada.

Saíndo do Centro da Susana, o Camiño atravesa por unha antiga calzada romana e continua por pistas entre leiras, prados e algún bosque cara a Aldrei, unha pequena aldea á entrada da cal hai un conxunto formado por un lavadoiro, unha fonte de pedra e un cruceiro. A partir de Aldrei, o camiño convértese en pistas asfaltadas con casas illadas que nos levan á vella vía do ferrocarril. Atravesamos a vía por un estreito túnel e seguimos á súa beira en dirección á capela de Santa Lucía, desde a que se afronta o tramo máis fermoso desta etapa. Nas súas inmediacións atopamos un cruceiro cun varal moi alto, un vello muíño ben conservado detrás da igrexa e unha ponte de pedra que salva o río Santa Lucía, dando comezo ao tramo que é coñecido como camiño real de Piñeiro, unha calzada empedrada na que se poden ver as rodeiras dos moitos carros que a transitaron. Atravesamos a aldea de Piñero en dirección a Angrois. O camiño de terra que nos leva ata alí transcorre todo tempo en paralelo ao rego de Angrois, que nos brinda unha fermosa paisaxe de prados e bosque de ribeira.

Desde Angrois seguimos ata ao Cruceiro de Sar onde atravesamos a rúa do mesmo nome para seguir pola antiga calzada romana de Sar, e dende alí xa divisamos as torres da ansiada Catedral. As xentes que viñan por esta ruta entraban na cidade amurallada ben pola porta da Mámoa ou ben pola de Mazarelos (a única que se conserva da vella muralla) onde aínda se pode ver un gravado que lembra que o viño do ribeiro entraba por aquí.

TAMÉN CHE PODE INTERESAR…

  • Camiño de Santiago
  • O val e o río de Santa Lucía
  • Xenerais da Ulla
  • Castros no Val de Santa Lucía
  • Centro A Susana
  • Ruta Fácil : Santa Lucía – Castro de Vixoi
  • Eventos
  • Contacta con nos
© Concello de Santiago. Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo

Agradecementos

Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a sua experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web.
Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre a nosa Política de Cookies e Privacidade.Aceptar
Política de Privacidade e Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR