Total distance: 6644 m
Max elevation: 253 m
Max elevation: 253 m
Saída e chegada
Saída da Susana desde o centro BTT Santiago e volta ao mesmo centro. Ruta de ida e volta polo mesmo percorrido.
Percorrido
Desde a Susana segue o Camiño de Santiago ata pouco antes da igrexa de Santa Lucía en que se colle un camiño de terra á dereita que vai paralelo ao río Santa Lucía e chega ata o pé do castro de Vixoi polo lado norte, onde presenta as pendentes máis pronunciadas. Seguindo o camiño chegamos a unha pontella de pedra ben conservada que atravesa o río cun vao ao lado e un muíño moi rústico do outro lado. Todo o camiño desde que nos desviamos en Santa Lucía vai por un bosque caducifolio de castiñeiros e carballos.