Max elevation: 520 m
Saída e chegada
Saída da Susana desde o centro BTT Santiago e volta ao mesmo centro.
Percorrido
É unha ruta circular que rodea toda a cidade e que enlaza co centro BTT Santiago polo Camiño de Santiago un pouco antes da igrexa de Santa Lucía.
Saímos da Susana e tomamos o Camiño de Santiago do Sueste-Vía da Prata seguindo as indicacións da ruta. Pasaremos por Aldrei, un túnel da vía do ferrocarril antigo e antes de chegar ao cruceiro de Santa Lucía tomamos á dereita por un camiño de terra que vai paralelo ao río Santa Lucía en dirección ao castro de Vixoi. Continuamos así ata chegar á altura do viaduto do Eixo, onde tomamos á dereita. Pasamos por detrás das minas de Fornás, hoxe abandonadas, e dirixímonos cara a Bando, atravesando pistas de concentración parcelaria de Aríns. De Bando, pasando polo Monte do Gozo, cruzamos por San Marcos de camiño á Sionlla de Arriba, bordeamos a fábrica da Finsa e entramos por unha pista no límite do Polígono do Tambre. Pasamos por Garabal e as Pereiras , lugares próximos ao polígono. Saímos á vía Marconi e, logo de percorrer un pequeno tramo, volvemos desviarnos cara ao monte dando un bo rodeo que nos acerca á Peregrina pero sen chegar a ela. A ruta continúa atravesando as estradas de Trazo e Carballo en dirección á abas do monte Pedroso cara a Sarela e Brandía. Pasamos por Laraño e a Rocha Vella e a ruta lévanos preto do hotel Congreso en Montouto. Desde aquí chegamos á zona do Restollal, Lamas de Abade e Angrois para tomar o camiño de Santiago do Sueste e seguilo ata o centro BTT A Susana onde finaliza a ruta.