Max elevation: 528 m
Saída e chegada
Saída e chegada: saída da Susana desde o centro Santiago BTT e volta ao mesmo centro.
Percorrido
Desde a Susana segue o Camiño de Santiago ata o Cruceiro de Sar, pasando por Angrois, onde atravesa a cima da calzada de Sar cara ao Gaiás deixando á esquerda a Cidade da Cultura. De aí acercámonos ao Viso, coroando a súa cima onde podemos gozar dunhas fermosas vistas da cidade a todo o seu contorno. Baixamos en dirección a Sanxoás de Aríns e de aí a Bando para subir ao monte de Godos, que ofrece tamén unhas vistas de calidade, xa no concello de Boqueixón, e percorrendo parte do seu termo, entrar en terras do val de Santa Lucía por Marrozos.
Esta ruta transcorre por pistas asfaltadas con pouco tráfico e camiños de terra de concentración parcelaria que en moitos tramos atravesan bosques atlánticos caducifolios, formados por castiñeiros, carballos, loureiros, freixos, sabugueiros etc. Ademais, sobe a dúas cimas importantes e pouco coñecidas do concello que dominan boa parte do territorio circundante. Despois do monte Godos, a ruta entra nunha zona moi despoboada que pasa preto de só catro núcleos rurais Zaramacedo, Rubio, Gamás e Ardagán, antes de voltver á Susana.