• Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Instagram
  • Español Español Castelan es
  • Galego Galego Galego gl
Centro BTT Santiago
  • Centro de Visitantes e BTT
    • Centro A Susana
    • Que é BTT?
    • Turismo Slow
    • Servizos
    • Como chegar?
  • Val de Santa Lucía
    • O val e o río de Santa Lucía
    • Camiño de Santiago
    • Xenerais da Ulla
    • Patrimonio
      • Castros no Val de Santa Lucía
      • Lendas
      • Muíños no Val de Santa Lucía
      • Danza e música tradicional
  • Rutas
    • Ruta Fácil : Santa Lucía – Castro de Vixoi
    • Ruta de Media Dificultade : Santa Lucía – Castro de Vixoi (prolongación ata Bando)
    • Ruta de Media Dificultade : Camiño de Santiago – Brañas de sar
    • Ruta de Media Dificultade : Río Pereiro – Capela do Santiaguiño
    • Ruta Difícil: Subida ós Montes Viso e Godos
    • Ruta Moi Difícil: Camiño de Santiago, Xiro da Cidade de Santiago
    • Boas Prácticas
  • Eventos
  • Videos
    • Ruta A Susana / Cidade da Cultura / Viso / Alto do Rubio
    • Ruta Fervenza do Pereiro / Muiños de San Pedro / Capela Santiaguiño
    • Os Muiños
    • Carnavais da Ulla
  • Contactos
    • Contacta con nos
    • Onde comer?
    • Onde durmir?
    • Emerxencias
  • Galería
  • Servizo de Préstamo
  • Menu Menu

Xenerais da Ulla

Os Xenerais da Ulla é un Entroido único da comarca natural regada polo río Ulla. Esta festa está declarada desde 2013 de interese turístico de Galicia e sempre se coñeceu como “As Máscaras” no val de Santa Lucía.

Xenerais da Ulla

A primeira documentación que se ten sobre o Entroido dos Xenerais da Ulla corresponde ao ano 1875, nun artigo de Alfredo Vicenti sobre esta tradición titulado “La máscara” e publicado en El Heraldo Gallego no que describe a formación dunha comparsa presidida por un exército de xenerais.

Celébrase nos concellos de Santiago de Compostela, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Silleda, Teo, Touro e Vila de Cruces. No caso de Santiago de Compostela as parroquias que organizan e celebran estas máscaras son Marrozos, O Eixo, Aríns e a aldea de Angrois, na parroquia de Sar.

Fin do Antroido en Marrozos

Esta é unha celebración parroquial na que participan a casa, a aldea e a parroquia de xeito conxunto.  É unha festa ritual con moitas cerimonias. Para as xentes destas terras é un rito vestirse de máscara, comer cachola de porco, filloas e orellas. Tamén son un rito as bromas e rifar un carneiro vello. A tradición tamén inclúe obsequiar con comida ou bebida e levar a ben as bromas por pesadas que sexan.

Durante todo o día os camiños e as casas de toda a veciñanza reciben a visita dunha rechamante tropa, dirixida polos xenerais e correos a cabalo, que son seguidos por un “coro de bonito” e unha “vellada”. Nesta festa todos participan dunha tradición centenaria lanzando vivas, cantando sátiras, comendo e bebendo. Así fan do día unha gran troula con todo aquel que asista “ás máscaras”.

Teñen gran importancia os xenerais cos seus uniformes militares e o bicorne, sombreiro de palla forrado e decorado por multitude de abelorios, flocos, borlas e coroado con plumas de pavo real e penacho con plumas de cores vivas. Os xenerais van ao lombo dos seus cabalos debidamente engalanados. Son os protagonistas das máscaras durante todo o día, lanzando vivas aos veciños ao seu paso polos distintos lugares da parroquia, e tamén os que lle dan o final ao Entroido co “atranque” ou “alto”, no que representan o enfrontamento entre dous bandos que acaban por facer as paces e exaltar a amizade.

Vivas:

 ¡Oigan señores digan conmigo a una voz!

¡¡Viva Don Manuel Viqueira Tejo

Como vecino y residente de esta parroquia

¡¡Acompañado de su familia y de la gente de su mayor aprecio!!

 ¡Viva!

¡Viva la gente que nos mira y rodea!

 ¡¡¡Viva!!!

  ¡Vuelvo y repito!

 ¡¡Viva Don José Carbia Ramos

 Residente de esta parroquia y natural de San Martiño de Aríns!!

 ¡¡Acompañado de su familia y de la gente de su mayor aprecio!!

 ¡Viva!

¡Viva la gente que nos mira y rodea!

¡Viva!

 ¡Vivan os 50€!

¡¡¡Viva!!!

 ¡¡Viva nuestro alegre y simpático coro!!

¡¡Viva!!

¡¡Toca la música y siga!!

Non dubides en achegarte a estas localidades e vive o Entroido nun contexto único!

TAMÉN CHE PODE INTERESAR…

  • Xenerais da Ulla
  • O val e o río de Santa Lucía
  • Camiño de Santiago
  • Castros no Val de Santa Lucía
  • Centro A Susana
  • Ruta Fácil: Santa Lucía – Castro de Vixoi
  • Eventos
  • Contacta con nos
© Concello de Santiago. Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo

Agradecementos

Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a sua experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web.
Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre a nosa Política de Cookies e Privacidade.Aceptar
Política de Privacidade e Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR