• Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Instagram
  • Español Español Castelan es
  • Galego Galego Galego gl
Centro BTT Santiago
  • Centro de Visitantes e BTT
    • Centro A Susana
    • Que é BTT?
    • Turismo Slow
    • Servizos
    • Como chegar?
  • Val de Santa Lucía
    • O val e o río de Santa Lucía
    • Camiño de Santiago
    • Xenerais da Ulla
    • Patrimonio
      • Castros no Val de Santa Lucía
      • Lendas
      • Muíños no Val de Santa Lucía
      • Danza e música tradicional
  • Rutas
    • Ruta Fácil : Santa Lucía – Castro de Vixoi
    • Ruta de Media Dificultade : Santa Lucía – Castro de Vixoi (prolongación ata Bando)
    • Ruta de Media Dificultade : Camiño de Santiago – Brañas de sar
    • Ruta de Media Dificultade : Río Pereiro – Capela do Santiaguiño
    • Ruta Difícil: Subida ós Montes Viso e Godos
    • Ruta Moi Difícil: Camiño de Santiago, Xiro da Cidade de Santiago
    • Boas Prácticas
  • Eventos
  • Videos
    • Ruta A Susana / Cidade da Cultura / Viso / Alto do Rubio
    • Ruta Fervenza do Pereiro / Muiños de San Pedro / Capela Santiaguiño
    • Os Muiños
    • Carnavais da Ulla
  • Contactos
    • Contacta con nos
    • Onde comer?
    • Onde durmir?
    • Emerxencias
  • Galería
  • Servizo de Préstamo
  • Menu Menu

Boas Prácticas

Pasear ou pedalear polas rutas que che propoñemos ou por outras que ti poidas explorar, servirá para “descontaminarte” da tensión e as tensións acumuladas e para “cargarche as pilas”.  Deixar lixo e alterar o medio do que vas gozar é estresalo e contaminalo. Non é un intercambio xusto…

Tal vez ignores que… Tal vez non sepas o impacto que poden ter no medio ambiente pequenos xestos como tirar unha cabicha, unha bolsa de plástico ou un anaco de papel de aluminio. Porque é importante,  imos dicircho:

– Unha cabicha de cigarro contamina 50 litros de auga, e tarda en degradarse entre 5 e 10 anos, aparte introduce no medio ambiente metais pesados e outros compostos contaminantes.

– O plástico tarda 300 anos.

– Calquera Tetra-brick ou  papel de aluminio ata 30 anos.

– O Chicle 5 anos.

– As latas de refresco 10 anos.

– O papel, os cupóns da compra, 1 ano e conteñen químicos que dañan o medio.

– O vidro ata 4000 anos.

Ademais dos impactos causados pola lentitude da eliminación dos residuos que tiramos sen control no medio natural, hai que ter en conta o impacto ambiental da fabricación destes mesmos produtos.

Por exemplo o aluminio, presente en latas de refresco, tetra-bricks ou papel de aluminio, é altamente contaminante tanto na súa extracción (a bauxita) como na fabricación. A extracción da bauxita produce unha perda do hábitat da fauna local e un grande impacto na erosión do chan. A fabricación do aluminio verte millóns de toneladas ao ano de gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono, dióxido de xofre, fluoruro de sodio, perfluorocarbonos e outros como o óxido de xofre ou o óxido de nitróxeno, moi tóxicos e que están presentes na choiva ácida. Ademais, todos estes procesos consomen unha gran cantidade de enerxía e auga.

Por razóns como estas é tan importante reducir o consumo de envases contaminantes. Unha boa maneira de facelo consiste en reutilizalos se é posible e cando non o sexa, deposítaos no contenedor correspondente para que poida ser reciclados.

E non só iso… Coa intención de promover nos visitantes prácticas de baixo impacto ambiental, ofrecémosvos unha serie de recomendacións importantes ou boas prácticas.

As boas prácticas son unha serie de principios baseados no sentido común co  fin de minimizar o impacto das actividades que realizamos nos lugares que visitamos, xa sexan áreas naturais, culturais ou históricas.

Antes de saír:

  • Planificar as saídas organizando, se é posible, grupos pequenos. Os grupos grandes xerán maior impacto que varios pequenos: é máis difícil manexar o grupo e é máis problemático o tema dos refugallos.
  • Levar a comida en envoltorios ou outros envases que poden levar de volta. As botellas e latas baleiras, o plástico e o aluminio deben levar de volta: non deben ser enterrados, nin queimados.
  • Leva unha ou dúas bolsas para residuos, para recoller o teu lixo e o que outros poidan deixar. E deixa as bolsas con residuos no colector correspondente para que se poidan reciclar.
  • Para as deposicións é recomendable facer un pequeno buraco e tapar despois os restos. Podes levar unha pequena pá ou facelo cun pau ou piolet.
  • Usa papel hixiénico biodegradable, branco e non perfumado.
  • Ata os xabóns biodegradables contaminan a auga e dañan os peixes e demáis vida acuática. Non laves nos arroios ou lagos. Lavar a vaixela ou a roupa lonxe de corpos ou cursos de auga, con xabón branco. Facer un buraco e tirar alí a auga jabonosa, e ao irse tapalo con terra.

Ao camiñar:

  • Non deixes absolutamente ningún residuo, nin unha cabicha!. Ten a man algo (unha caixiña ou bote cinceiro) ou unha bolsa de plástico para gardar todo o lixo que xeres durante o teu paseo.
  • Camiñar en fila sen saír do carreiro. Camiñar dispersos usando o bordo do carreiro, aumenta a erosión e altera o lugar.
  • Evitar camiñar sobre chan alagado. O chan encharcado de auga é moito máis susceptible de deterioración.
  • Manter o máis baixo posible o nivel de ruído. Os ruídos estraños alteran o comportamento da fauna, e deterioran a calidade da experiencia na natureza.
  • Non cortar camiño nos zigzags ou caracois. Circular pola liña de máxima pendente produce un alto grao de erosión do chan. Os “atallos” contribúen á erosión severamente. Estás a pasear, a que vén a présa?
  • Facer os descansos fóra do carreiro e en lugares resistentes (rocas) ou sen vexetación. Facer os descansos sobre a senda obriga a outros camiñantes a saír da mesma para pasar.
  • Utiliza os carreiros definidos. En áreas silvestres onde non existen carreiros definidos,  e ata onde sexa factible, evita terreos mollados ou brandos. Evita impactar áreas fráxiles innecesariamente.
  • Preserva o pasado: observa, pero non toques as estruturas e artefactos arqueolóxicos, históricos e culturais.
  • Deixa as rocas, plantas (ou as súas partes, como flores) e outros obxectos naturais, como os atopas.

Fauna:

  • Observa á fauna a distancia; non a sigas nin che achegues ós animais.
  • Nunca alimentes á fauna; prexudica a saúde dos animais, altera os seus comportamentos naturais e crea dependencia, e exponos a predadores e outros perigos.
  • Nas áreas silvestres, as radios, gravadoras, instrumentos musicais moi fortes, e os berros permanentes, están fóra de lugar. Ademais, se coidas estes aspectos vas ver máis fauna.

Estas boas prácticas poden cambialo todo…..

TAMÉN CHE PODE INTERESAR…

  • Boas Prácticas
  • Centro A Susana
  • O val e o río de Santa Lucía
  • Eventos
  • Contacta con nos
© Concello de Santiago. Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo

Agradecementos

Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a sua experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web.
Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre a nosa Política de Cookies e Privacidade.Aceptar
Política de Privacidade e Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR