Información sobre rutas BTT e sendeirismo: Desde o Centro BTT Santiago ofrecemos toda a información para o coñecemento do medio rural e natural do concello a través da práctica da bicicleta de montaña e do sendeirismo, e sempre procurando sensibilizar e concienciar sobre o turismo sostible e respectuoso co medio. Ben sexa visitando o propio centro ou a través da súa páxina web, poderás atopar (e descargar) rutas que podes facer en bicicleta ou a pé.
Alugueiro de bicicletas todo-terreo. As persoas usuarias do servizo de préstamo identificaranse mediante o seu DNI, carné de conducir ou pasaporte en vigor. O aluguer por cada bicicleta supón un custo de 8 euros, cun depósito de 20 euros que se devolverán no momento de deixar a bicicleta no punto de acollida, se non houbese ningún dano grave.
Antes da entrega do material alugado deberase limpar no punto de lavado para bicicletas.
Dispoñemos de duchas e vestiarios. As persoas usuarias, antes de iniciar as rutas teñen a posibilidade de usar os vestiarios situados no punto de acollida, así como un servizo de armarios para depositar as súas pertenzas. Á volta, disporán de servizo de duchas, se así o desexan.
Tamén contamos con servizo de bebidas e taller mecánico, con todo o necesario para a posta a punto antes de realizar a túa ruta!!
Centro BTT Santiago agradece que se comunique calquera incidencia relativa ao funcionamento dos servizos para tratar de emendala o antes posible.
Benvido/a e grazas pola túa colaboración!

Punto de acollida a visitantes
Alugueiro de bicicletas, GPS e outro material (cascos, cadeiras porta-nenos etc.)
Zona de lavado de bicicletas
Vestiarios, duchas e armarios
Armarios
Taller de reparación de bicicletas
Aparcamento de automóbiles
Máquina de bebidas
Caixa de urxencias
Wifi

