• Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Instagram
  • Español Español Castelan es
  • Galego Galego Galego gl
Centro BTT Santiago
  • Centro de Visitantes e BTT
    • Centro A Susana
    • Que é BTT?
    • Turismo Slow
    • Servizos
    • Como chegar?
  • Val de Santa Lucía
    • O val e o río de Santa Lucía
    • Camiño de Santiago
    • Xenerais da Ulla
    • Patrimonio
      • Castros no Val de Santa Lucía
      • Lendas
      • Muíños no Val de Santa Lucía
      • Danza e música tradicional
  • Rutas
    • Ruta Fácil : Santa Lucía – Castro de Vixoi
    • Ruta de Media Dificultade : Santa Lucía – Castro de Vixoi (prolongación ata Bando)
    • Ruta de Media Dificultade : Camiño de Santiago – Brañas de sar
    • Ruta de Media Dificultade : Río Pereiro – Capela do Santiaguiño
    • Ruta Difícil: Subida ós Montes Viso e Godos
    • Ruta Moi Difícil: Camiño de Santiago, Xiro da Cidade de Santiago
    • Boas Prácticas
  • Eventos
  • Videos
    • Ruta A Susana / Cidade da Cultura / Viso / Alto do Rubio
    • Ruta Fervenza do Pereiro / Muiños de San Pedro / Capela Santiaguiño
    • Os Muiños
    • Carnavais da Ulla
  • Contactos
    • Contacta con nos
    • Onde comer?
    • Onde durmir?
    • Emerxencias
  • Galería
  • Servizo de Préstamo
  • Menu Menu

A lenda do Dragón

Moitas son as lendas que hai acerca do dragón do Pico Sacro, nas que relatan como un enorme dragón, que vivía nese monte atemorizaba a veciñanza das aldeas próximas. A continuación relatamos algunhas tal e como as conserva a tradición popular desta comarca (Ulla).

A máis importante aparece recollida no Códice Calixtino, libro III capitulo I, onde narra o traslado do corpo de Santiago Apóstol, onde a Raíña Lupa, personaxe mítico aliada dos romanos, recibiu os discípulos que trasladan o corpo e que acudiron a ela para que lles facilitase un carro e bois. A Reina Lupa mandounos ó Pico Sacro, ca esperanza de que o Dragón e os bois, en realidade touros bravos os eliminasen. Os discípulos a punto de morrer ante o dragón fixeron a sinal da Cruz provocando con iso a súa morte e o amansamento dos touros. Estes feitos provocaron a conversión da Reina Lupa e os seus vasallos á nova relixión cristián. E dende aquel día ese monte, chamado antes Ilicino, que significa “o que seduce” , xa que con anterioridade naquel tempo sostiñan alí o culto de demos moitos homes malvadamente seducidos, foi chamado por eles Monte Sacro, é dicir, “Monte Sagrado” , actualmente Pico Sacro.

Dragón en la Iglesia de Marrozos
Pico Sacro

Ao dar morte á “becha” (dragón en feminino), quedaron na cova tres ovos, dos que case nada se sabe. Nalgúns textos narran que ao matar a becha se  derramaron os ovos dos que saíron tres lagartos que fuxiron ata se meteren na cova que hai na cima do monte. Dende entón ese é o motivo polo que a xente bota pedras no interior da cova para matalos.

É por iso que nos preguntamos…

Qué significa o dragón que aparece tallado na fachada da igrexa de Marrozos e se ten algo que ver?

A explicación é que, a diferenza do que acontecía na antigüidade e nas actuais culturas orientais, os cristiáns fan do dragón e da serpe símbolos do mal aos que hai que vencer. Ese mal é o paganismo que tanto custou derrotar en Galicia. Por iso as imaxes de serpes e dragóns en cruceiros e igrexas abundan na imaxinería cristiá deste país.

Pero, porque concretamente na igrexa de Marrozos, a moi poucos quilómetros do Pico Sacro e orientada cara a ese monte máxico?

Moitos son os que pensan que ten relación e pese a que non se atopa ningún texto escrito acerca do seu significado son moitas as lendas que narra a veciñanza de Marrozos que lle contaban os seus antepasados a modo de cantigas. Uns contan que era o dragón do Pico Sacro que ao loitar cos discípulos quedou mal ferido e fuxiu vindo morrer ao lugar onde hoxe se atopa a igrexa. Outros contan que antes de construír a igrexa, levantando pedras, atoparon alí enterrado un dragón alado, e por iso construíron alí a Igrexa, dragón que ben podía ser un dos fillos da becha do Pico Sacro.

Igrexa de Marrozos campanario

Esta e moitas outras lendas forman parte da mitoloxía popular galega, tendo como protagonistas os réptiles. Galicia é unha terra máxica  e iso percíbese na importante tradición oral e na cultura rural, xa dende a Idade de Ferro cos pobos castrexos, e aínda antes cos petróglifos de serpes aladas, na Idade Media coas cantigas populares e na actualidade, co folclore e as moitas tradicións conservadas.

Campanario da Igrexa de Marrozos
Campanario da igrexa de Marrozos

Lenda da campá da Igrexa de Santa María de Marrozos

A lenda sobre a campá da antiga igrexa de Marrozos é un dos contos ou historia non confirmada máis contados entre as xentes desta parroquia compostelá.

Segundo a tradición, a antiga campá fora traída desde a catedral de León nun carro de bois coa intención de instalala na catedral de Santiago. Non se sabe cal foi o motivo polo cal a campá quedou definitivamente en Marrozos.

Sábese que o seu tamaño era grande e o seu corpo lucía moitas figuras e adornos. Pero chegou o día no que esta campá rompeu e cando chamaron os campaneiros para fundir unha nova, resultou cunhas dimensións máis grandes que a antiga.

A consecuencia foi a ampliación do campanario na parte superior, picando a pedra, para que se puidese tocar o novo instrumento.

Este feito fixo que a xente de Marrozos pense que hai unha maldición para que non se coloquen outras campás.

Non se sabe o que hai de certo nesta lenda, aínda que en todas hai algo de verdade. O que si podemos confirmar é que a gran campá que hai hoxe no campanario da parroquial de Santa María de Marrozos é de 1989 e foi fundida no obradoiro de Arcos da Condesa.

TAMÉN CHE PODE INTERESAR…

  • Lendas
  • Castros no Val de Santa Lucía
  • Muíños no Val de Santa Lucía
  • Danza e música tradicional
  • O val e o río de Santa Lucía
  • Centro A Susana
  • Ruta Fácil: Santa Lucía – Castro de Vixoi
  • Eventos
  • Contacta con nos
© Concello de Santiago. Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo

Agradecementos

Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a sua experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web.
Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre a nosa Política de Cookies e Privacidade.Aceptar
Política de Privacidade e Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR