• Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Instagram
  • Español Español Castelan es
  • Galego Galego Galego gl
Centro BTT Santiago
  • Centro de Visitantes e BTT
    • Centro A Susana
    • Que é BTT?
    • Turismo Slow
    • Servizos
    • Como chegar?
  • Val de Santa Lucía
    • O val e o río de Santa Lucía
    • Camiño de Santiago
    • Xenerais da Ulla
    • Patrimonio
      • Castros no Val de Santa Lucía
      • Lendas
      • Muíños no Val de Santa Lucía
      • Danza e música tradicional
  • Rutas
    • Ruta Fácil : Santa Lucía – Castro de Vixoi
    • Ruta de Media Dificultade : Santa Lucía – Castro de Vixoi (prolongación ata Bando)
    • Ruta de Media Dificultade : Camiño de Santiago – Brañas de sar
    • Ruta de Media Dificultade : Río Pereiro – Capela do Santiaguiño
    • Ruta Difícil: Subida ós Montes Viso e Godos
    • Ruta Moi Difícil: Camiño de Santiago, Xiro da Cidade de Santiago
    • Boas Prácticas
  • Eventos
  • Videos
    • Ruta A Susana / Cidade da Cultura / Viso / Alto do Rubio
    • Ruta Fervenza do Pereiro / Muiños de San Pedro / Capela Santiaguiño
    • Os Muiños
    • Carnavais da Ulla
  • Contactos
    • Contacta con nos
    • Onde comer?
    • Onde durmir?
    • Emerxencias
  • Galería
  • Servizo de Préstamo
  • Menu Menu

Danza e música tradicional

Galiza conta cunha rica tradición folclórica de cancións e danzas populares de orixe remota que teñen como fin o entretemento e a relación social entre as persoas participantes.

No concello de Santiago, son moitos os grupos e asociacións culturais que participan deste folclore. Na comarca que abarca o río Santa Lucía atopamos tres agrupacións: A.F. Coto da Nai (Aríns), Alborada (O Eixo), e A.C. Pena Maior (Marrozos) que dan idea da tradición e arraigo que este tipo de agrupacións teñen neste val.

Estes grupos comparten o compromiso da difusión da tradición galega, dedicando un importante traballo á promoción do baile e da música popular entre a mocidade de cada parroquia, por medio da escola de baile e música tradicional que imparten nos seus centros socioculturais, ademais de organizar e celebrar certames e foliadas para o gozo compartido.

Pena Maior de Marrozos

A Asociación Cultural Pena Maior de Marrozos xurdiu dun grupo de mozas e mozos desta parroquia que, xa hai 30 anos, andaban na procura de iniciativas que incentivaran a cultura e o seu desenvolvemento, e a día de hoxe segue en activo. Conta con 70 socios e socias de diferentes idades, transmitindo e divulgando a tradición musical , a lingua e a cultura galega con outras agrupacións a través de intercambios culturais dos que sempre sae unha experiencia nova, o coñecemento doutras culturas, outros bailes, vestimentas e sobre todo unha nova amizade.

Intercambio cultural en Cuenca ano 2000
Intercambio cultural en Cuenca ano 2000
Día de Santa María de Marrozos
Día de Santa María de Marrozos
Gaiterios de Pena Maior
Gaiterios de Pena Maior
Pena Maior
Pena Maior
Na Praza do Obradoiro
Na Praza do Obradoiro

Non deixa de ser un grupo humilde, e ante todo amigos e amigas que se reúnen para pasalo ben e compartir o fermoso da nosa cultura, como é o baile e a música tradicional, tan chea de historia como de vida, xa que esta vocación vai pasando de xeración en xeración, converténdose nun importante legado no que todo o mundo espera con ansia o día de poderse vestir e gozar dunha boa foliada.

Photocall no Xesteiraso Folk

Os días grandes de Marrozos para poder participar nas foliadas e no baile tradicional son as festas patronais do mes de maio e agosto, o magosto e o terceiro sábado de xuño no que se celebra o Xesteiraso Folk, unha xuntanza anual na que se reúnen diferentes agrupacións folclóricas con cabida para todo o público e na que hai dende media tarde xogos populares para a xente máis cativa, certame folclórico, ralli de carretillas e photocall ao máis puro estilo “rural”, e, por suposto, servizo de bochinche (cantina e postos de comida) no campo da festa de Marrozos.

TAMÉN CHE PODE INTERESAR…

  • Danza e música tradicional
  • Castros no Val de Santa Lucía
  • Lendas
  • Muíños no Val de Santa Lucía
  • O val e o río de Santa Lucía
  • Centro A Susana
  • Ruta Fácil: Santa Lucía – Castro de Vixoi
  • Eventos
  • Contacta con nos
© Concello de Santiago. Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo

Agradecementos

Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a sua experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web.
Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre a nosa Política de Cookies e Privacidade.Aceptar
Política de Privacidade e Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR