• Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Instagram
  • Español Español Castelan es
  • Galego Galego Galego gl
Centro BTT Santiago
  • Centro de Visitantes e BTT
    • Centro A Susana
    • Que é BTT?
    • Turismo Slow
    • Servizos
    • Como chegar?
  • Val de Santa Lucía
    • O val e o río de Santa Lucía
    • Camiño de Santiago
    • Xenerais da Ulla
    • Patrimonio
      • Castros no Val de Santa Lucía
      • Lendas
      • Muíños no Val de Santa Lucía
      • Danza e música tradicional
  • Rutas
    • Ruta Fácil : Santa Lucía – Castro de Vixoi
    • Ruta de Media Dificultade : Santa Lucía – Castro de Vixoi (prolongación ata Bando)
    • Ruta de Media Dificultade : Camiño de Santiago – Brañas de sar
    • Ruta de Media Dificultade : Río Pereiro – Capela do Santiaguiño
    • Ruta Difícil: Subida ós Montes Viso e Godos
    • Ruta Moi Difícil: Camiño de Santiago, Xiro da Cidade de Santiago
    • Boas Prácticas
  • Eventos
  • Videos
    • Ruta A Susana / Cidade da Cultura / Viso / Alto do Rubio
    • Ruta Fervenza do Pereiro / Muiños de San Pedro / Capela Santiaguiño
    • Os Muiños
    • Carnavais da Ulla
  • Contactos
    • Contacta con nos
    • Onde comer?
    • Onde durmir?
    • Emerxencias
  • Galería
  • Servizo de Préstamo
  • Menu Menu

QUE É BTT?

Nace a finais da década dos 70 nos Estados Unidos, conseguindo gran número de seguidores en poucos anos.

Trátase dunha experiencia que se realiza con bicicletas de montaña, coñecidas tamén como todoterreo (BTT),  o máis lixeiras posible e con suspensión dianteira regulable, podendo dispoñer de amortecedores. É imprescindible, por seguridade propia, o uso de casco especial  e aconsellable levar luvas de dedos longos, pedais clip e zapatillas especiais para este tipo de pedal.

Practícase en contornas  naturais, normalmente bosques e montes, por camiños empinados que presentan diferentes obstáculos  e descensos rápidos.

Paseo en bici

Tamén se pode realizar en camiños chans, campo a través ou en circuítos naturais. Estas características permiten moverse con máis facilidade nas paraxes naturais  dando a posibilidade de gozar de vistas incribles.

Debido a isto é unha actividade apta para case todos os públicos (non aconsellable en competición para quen padece problemas cardiovasculares ou déficit respiratorio grave). Mis o certo é que require unha relativa resistencia física pero a un baixo nivel pode gozarse da natureza en familia.

Se nos baseamos no aspecto físico, a realización deste deporte resulta moi completa ao traballarse gran número de músculos e ter un exercicio aeróbico moi interesante que queima calorías e tonifica os músculos. Principalmente exercítanse as pernas pero non podemos esquecer que os cambios de postura e ritmo fannos exercitar  tamén brazos, lumbares e costas. Axuda a mellorar coordinación e o equilibrio. Aumenta a capacidade pulmonar, mellora o sistema inmunitario e provoca a segregación de endorfinas (importantísimo para superar o día a día nunha sociedade tan rápida e chea de presións).

Grupo

Cabaliño

Deixando a un lado os beneficios físicos, axuda a superar retos e obstáculos fixados persoalmente;  ao practicarse en grupo crea vínculos persoais; e aumenta o respecto pola natureza.

Imaxínaste poder gozar dunha xornada familiar, cun grupo de amigos ou en soidade, polos arrabaldes de Compostela a través das rutas que che propoñemos?

Aproveita os beneficios do aire libre, a falta de ruído, montes milenarios e espazos únicos onde exercitar corpo e mente.

Acompáñanos e goza da vida!

TAMÉN CHE PODE INTERESAR…

  • Que é BTT?
  • Centro A Susana
  • Turismo Slow
  • Servizos
  • Como chegar?
  • O val e o río de Santa Lucía
  • Ruta Fácil : Santa Lucía – Castro de Vixoi
  • Eventos
  • Contacta con nos
© Concello de Santiago. Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo

Agradecementos

Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a sua experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web.
Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre a nosa Política de Cookies e Privacidade.Aceptar
Política de Privacidade e Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR